Eosinofilia pulmonar
Aparencia
As eosinofilias pulmonares son un grupo de síndromes e doenzas caracterizados por causaren infiltrados pulmonares nos que predominan os eosinófilos, un tipo de células do sangue.[1] Neste grupo de enfermidades no se inclúen aquelas que poden acompañarse de eosinofilia pero que teñen unha causa propia, como poden ser tumores, infeccións, a artrite reumatoide (AR) ou a granulomatose de Wegener, entre outras. Tamén factores extrínsecos poden ser a causa dunha eosinofilia pulmonar, entre eles os efectos adversos a certos fármacos.[2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Podemos clasificar a este tipo de doenzas segundo sexan primarias, isto é, sexan por si propia a causa de eosinofilia, ou secundarias, isto é, a consecuencia doutros procesos.[3]
Primarias ou idiopáticas
[editar | editar a fonte]- Eosinofilia pulmonar simple ou Síndrome de Löffler.
- Pneumonía eosinofílica crónica (PEC ou NEC).
- Pneumonía eosinofílica aguda.
- Síndrome de Churg-Strauss.
- Síndrome hipereosinofílico idiopático.
- Granulomatose broncocéntrica.
Secundarias
[editar | editar a fonte]- Por efectos secundarios dos fármacos. Ver Eosinofilia pulmonar iatroxénica.
- Por parasitos.
- Asperxilose broncopulmonar alérxica (ABPA).